Muros, domingo 09 setembro 2018

VII CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS

A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o domingo 9 de setembro a VII Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

INSCRICIÓNS: O prazo límite de inscricións será o xoves 6 de setembro ás 23.59 h, non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba.
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
  • Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n Serres).
  • SÁBADO 8 de setembro dende as 9.00 h ás 13.00 h.
  • DOMINGO 9 de setembro dende as 8.30 h ata 1 hora antes do inicio da carreira absoluta.

LUGAR DE SAÍDA E META: Dende a Piscina Municipal de Muros.

SERVIZO DE DUCHAS: Piscina Municipal de Muros.