O Concello de Porto do Son organiza o domingo 22 de decembro a partir das 11:00 h horas a carreira popular ¨SIN-SON 10 K¨ a cal estará incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. Forma parte do Circuíto de carreiras popular da Deputación de A Coruña.
A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Recollida de dorsais e chips:
- Os participantes que se anoten antes do 2 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dosdorsais nas seguintes localidades: « Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo»; a partir do 10 de decembro ata o 14 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.
- Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos derecollida serán:
a. Porto do Son o día 21 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
b. Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, pretoda zona de saída.
Traslado de participantes: Farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.
Inscricións: Ata o martes 17 de decembro ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións o mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Servizos para o atleta:
- Servizo de 10 autobuses e gardarroupa para atletas (carpa de META e Bus).
- Servizo de FISIOTERAPIA para todos os participantes.
- Marcaxe de cada KM con sinalización no pavimento.
- Arco ríxido de control ao paso do km5.
- Servizo de duchas (Pavillón Polideportivo Santa Irene, Piscina Municipal e Campo de Fútbol).
- Autobús pechando a proba para recollida de participantes que o necesiten.
- Servizo de ambulancias, seguro deportivo do atleta e de responsabilidade civil do evento, 3 médicos e 3 sanitarios.
- Caixóns de saída (Elite: menos de 40 min, Caixón A: menos de 50 min e Caixón B:máis de 50 min).
- 3 Globos (lebres) para baixar de 40 min, baixar 45 min e baixar de 50 min.
- Servizo de ludoteca.
- Baños.
- Zonas de Parking Atletas.
REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA