O Corgo, domingo 25 outubro 2015

VII CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO". MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 107 inscritos 11:30 5,3 km 23/10/2015 3,00 plazas
CADETE - XUVENIL 18 inscritos 11:00 3,55 km 23/10/2015 0,00 plazas
ALEVÍN - INFANTIL 36 inscritos 10:40 1,8 km 23/10/2015 0,00 plazas
BENXAMÍN 18 inscritos 10:35 0,32 km 23/10/2015 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 50 inscritos 10:30 0,32 km 23/10/2015 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 229 inscritos
A VII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo.

Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo.
Colabora economicamente: Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo (Área de Deporte) e o Concello do Corgo.
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Outros colaboradores: Coca Cola-Begano, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...
Inscrición: Ampliación do prazo de inscrición ata o venres día 23 ás 14:00h 

Servizos:
  • Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
  • Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
  • Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
  • Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
  • Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
  • Zona de lecer para nenos.
  • Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
Premios:
  • Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes. Camisetas para todos.
  • Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
  • Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.
  • Carreira absoluta (5300 m):
Primeiro: 100 €
Segundo: 75 €
Terceiro: 50 €
Diferenciaranse homes e mulleres.

  • Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
  • Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 12:15h.