Culleredo, domingo 10 xuño 2018

VII CARREIRA POLA RÍA DO BURGO 10K. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 474 inscritos 11:00 10 km 06/06/2018 5,00 plazas
SUB 18, 16 E 14 15 inscritos 12:30 2 km 06/06/2018 3,00 plazas
SUB 12 E 10 51 inscritos 12:50 1 km 06/06/2018 3,00 plazas
PREBENXAMÍN 63 inscritos 13:00 0,15 km 06/06/2018 3,00 plazas
PEQUERRECHO 47 inscritos 13:10 0,08 km 06/06/2018 3,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 650 inscritos

XA PODES VER O NÚMERO DO TEU DORSAL

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a VI Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 10 de xuño, e que chega á súa quinta edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2012 por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

LUGAR: A proba celebrarase o domingo 10 de xuño no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas.

INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas ata ás 23:59 do mércores 6 de xuño Prazo ampliado. O número máximo de participantes será de 999.

DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o venres 8 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 9 de xuño de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.

PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.

OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.

AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá tamén outro a metade de percorrido.

SERVIZOS: Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.


REGULAMENTO DO CIRCUÍTO