Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Sigüeiro, sábado 27 abril 2019

VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10 KM 60 inscritos 17:30 10 km 23/04/2019 5,00 plazas
SUB 18 6 inscritos 19:45 3 km 23/04/2019 0,00 plazas
SUB 16 4 inscritos 19:30 3 km 23/04/2019 0,00 plazas
SUB 14 18 inscritos 19:15 2 km 23/04/2019 0,00 plazas
SUB 12 27 inscritos 19:00 2 km 23/04/2019 0,00 plazas
SUB 10 41 inscritos 18:50 1 km 23/04/2019 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 42 inscritos 18:40 0,3 km 23/04/2019 0,00 plazas
PITUFO 65 inscritos 18:30 0,3 km 23/04/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 263 inscritos

As probas  disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. 

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela. Proba pertencente ao circuito de carreiras populares da Deputación de A Coruña.

INSCRICIÓN: A inscrición con data límite: mércores 23 de abril ás 23:59 horas.

DORSAIS E CHIPS: Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o venres 26 de abril de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 22:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.

PREMIOS

  • Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordo.
  • Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
  • Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
  • Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
  • Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina.
  • As cuantías son as seguintes e os pagos serán xestionados a través da Federación Galega de Atletismo: 1º Clasificado/a:  200 €, 2º Clasificado/a:  100 € e 3º Clasificado/a:    50 €

REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA