A VII Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 25 de agosto de 2018 a partir das 20:00 h da tarde.
A proba pertence o VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.
- A Saída e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de Armas.
- As inscricións poderán efectuarse a partir do día de de Agosto ata as 22:00 h do día 22 de Agosto.
- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 24 todo o día e sábado 25 pola mañá no Pavillón polideportivo de A Malata así como o sábado 26 de agosto , dende as 16:30 ata as 20:00 horas no posto habilitado na praza de Armas para tal fin.
- A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría das absolutas e menores. A entrega de trofeos realizarase unha vez pechado o control de meta.
REGULAMENTO DO CIRCUÍTO