Sobrado, sábado 13 agosto 2022

VI CORRETROITA POPULAR CONCELLO DE SOBRADO. VIII CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DA CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
8 KM 148 inscritos 19:00 8 km 11/08/2022 5,00 plazas
SUB 14 E SUB 16 21 inscritos 18:30 1,2 km 11/08/2022 0,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 30 inscritos 18:40 0,6 km 11/08/2022 0,00 plazas
TROITIÑA 21 inscritos 18:50 0,16 km 11/08/2022 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 220 inscritos

 O Concello de Sobrado organiza a sexta edición da súa carreira popular “Corretroita” o sábado 13 de agosto na localidade de Sobrado baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O Contro da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da FGA.

INSCRICIÓN: Ata o xoves 11 de agosto ás 23:59h. Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido nin o día da carreira.

RETRIRADA DE DORSAIS: Na zona do Mosteiro de Sobrado onde estará ubicada a secretaría da organización, dende as 17:30h ata media hora antes do inicio de cada proba.

PREMIOS: Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba absoluta, tanto en homes como en mulleres.

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.