Culleredo, domingo 14 maio 2017

VI CARREIRA POPULAR RÍA DO BURGO. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 491 inscritos 11:00 10 km 11/05/2017 5,00 plazas
INF - CAD -XUV 57 inscritos 12:30 2 km 11/05/2017 3,00 plazas
BENX - ALEV 95 inscritos 12:50 1 km 11/05/2017 3,00 plazas
PREBENXAMÍN 72 inscritos 13:00 0,15 km 11/05/2017 3,00 plazas
PEQUERRECHO 60 inscritos 13:10 0,08 km 11/05/2017 3,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 775 inscritos

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a VI Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 14 de maio, e que chega á súa quinta edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2012 por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do V Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

LUGAR: A proba celebrarase o domingo 14 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas
INSCRICIÓNS: ata as 16:00 do xoves 11 de maio. (Prazo ampliado)
DORSAIS: Poderán recollerse entre o venres 12 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 13 de maio de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. 
AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá tamén outro a metade de percorrido.
OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN: Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
SERVIZOS: Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.
PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.