Cabana de Bergantiños, sábado 08 outubro 2022

VII CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE. VIII CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DA CORUÑA.

A Carreira Popular ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, e acercar implicar tamén á poboación en xeral para que visite e se conciencie da importancia do xacemento do Dolmen de Dombate.
  • A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de garda roupa. No caso do Concello de Cabana de Bergantiños os atletas poderán usar o Pavillón Municipal, situado en A Carballa (na zona do Concello e do colexio) e haberá servizo de Bus antes e ao finalizar a carreira.
  • A organización poñerá a disposición dos participantes Servizo de Fisioterapia.
  • Os dorsais coma os chips ( no caso de non posuílos) poderanse recoller nos seguintes lugares e días:
 - Categorías dende pitufos/biberón a xuvenís: o venres 7 de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e o sábado 8 de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura e de 15:30 a 16:30 no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate
 - Categorías senior e demáis das probas de 3km e 10 km: o sábado 8 de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e de 15:30 a 18:00 no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.