PREMIOS
- Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes. Camisetas para todos.
- Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
- Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.
Carreira absoluta (5300 m):- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 18:45h.
INSCRICIÓN
Os dereitos de inscrición para todas as categorías son gratuítos.
O último día para facer a inscrición será o xoves, día 23 de outubro ás 13:00 h.
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos.
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).