Carballo, domingo 19 xuño 2016

VI CARREIRA POPULAR 10KM CONCELLO CARBALLO. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

O Concello de Carballo organiza o “10K CARBALLO. VI Carreira Popular Concello de Carballo”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Inscricións:  Admítense ate o día 15 de xuño de 2016 ou ata acadar as 1200 prazas nas categorías Junior, Senior e Veteráns, e as 600 no resto de categorías, respectivamente.