Frades, mércores 01 maio 2019

VI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

O Concello de Frades celebra a súa VI Carreira Pedestre Popular o mércores 1 de maio de 2019 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). As probas estarán as suxeitas ó seguinte: 
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
INSCRICIÓNS: Ata o luns 29 de abril ás 23.59 horas. As inscricións para as categorías escolares serán GRATUITAS.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.