Sigüeiro, domingo 22 abril 2018

VI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10KM FEMININO 22 inscritos 10:00 10 km 19/04/2018 5,00 plazas
10KM MASCULINO 105 inscritos 10:00 10 km 19/04/2018 5,00 plazas
MENORES 119 inscritos - - 19/04/2018 0,00 plazas
PITUFOS - PREBENX 139 inscritos - 0,3 km 19/04/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 385 inscritos

As probas  disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. Esta carreira pertence ó VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

  • A inscrición das probas realizarse con data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
  • Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o sábado 21 de abril de 10:00 a 14:00 ou de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
PREMIOS
  • Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
  • Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
  • Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina.
1º Clasificado/a:  200 €
2º Clasificado/a:  100 €
3º Clasificado/a:    50 €

  • Categorías e horarios
Pitufo Nados 2013 e posteriores                           11:10 300 mt.
Prebenxamín Nados/as en 2011-2012           11:20 300 mt.
Benxamín/sub10 Nados/as en 2009-2010           11:40 1.000 mt.
Alevín/sub12 Nados/as en 2007-2008           11:50 2.000 mt.
Infantil/sub14 Nados/as en 2005-2006           12:00 2.000 mt.
Cadete/sub16 Nados/as en 2003-2004           12:15 3.000 mt.
Xuvenil/sub18 Nados/as en 2001-2002           12:30 3.000 mt
         Junior/sub20 Nados/as en 1999-2000           10:00 10.000 mt.
Promesa/sub23 Nados/as en 1996-1997-1998   10:00 10.000 mt.
Senior Nados/as en 1995 ata 1984                   10:00 10.000 mt.
Veterano/a1 Nados/as en 1983 ata 1978           10:00 10.000 mt.
Veterano/a2 Nados/as en 1977 ata 1969           10:00 10.000 mt.
Veterano/a3 Nados/as en 1968 ata 1959           10:00 10.000 mt.
Veterano/a4 Nados/as a partir do ano 1958           10:00 10.000 mt.