Dumbría, sábado 21 maio 2022

VI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE DUMBRÍA. VII CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE. VIII CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DA CORUÑA

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte:
Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2019 e anteriores).
As posibilidades de participación son fundamentalmente, tanto en sénior como en categorías base (agás Pitufo) dúas:
1.1. Corredores de Carreira: son aqueles atletas que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos os corredores terán a posibilidade de inscribirse na proba 3K Contra o Cancro ou 10K.
Na proba 3K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta independentemente da súa idade.
A distancia desta proba poderá variar entre os 2000 e os 4000 metros en función do concello organizador.
Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar entre os 8000 e 10000 metros en función do concello organizador.

Nas probas de categoría base os atletas correrán as distancias establecidas segundo a súa categoría.
Ademais de facer a inscrición deberán presentar a autorización paterna á hora de recoller os dorsais.
1.2. Corredores de Circuíto: son atletas que se inscriben co obxectivo de completar un mínimo de sete probas do circuíto na modalidade de 3K Contra o Cancro, 10K, ou o Circuíto de Categorías Base (agás categoría Pitufo). Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación xeral do Circuíto. Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip amarelo os adultos e con con chip verde a base (agás Pitufo).
Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K.