Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €651,00

Santiago de Compostela, domingo 11 xuño 2023

VI CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 34 inscritos 11:45 4,5 km 07/06/2023 6,00 plazas
ESCOLARES B 6 inscritos 11:15 2,5 km 07/06/2023 0,00 plazas
ESCOLARES C 6 inscritos 11:30 2,5 km 07/06/2023 0,00 plazas
ESCOLARES A 7 inscritos 11:00 0,5 km 07/06/2023 0,00 plazas
PEQUES 10 inscritos 12:40 0,05 km 07/06/2023 0,00 plazas
Inscribirme Total: 63 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 84 inscritos 11:50 2 km 07/06/2023 6,00 plazas
ANDAINA MENORES 9 inscritos 11:50 2 km 07/06/2023 0,00 plazas
Inscribirme Total: 93 inscritos
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “VI Carreira e Andaina Solidaria pola Esclerose Múltiple”, o domingo 11 de xuño de 2023, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. Poderán participar atletas federados e non federados.

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.
INSCRICIÓNS: Ata o mércores 7 de xuño ás 23:59hrs. 
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ACEM (R/Queixume dos pinos, 4 15705 Santiago) o venres 9 de xuño de 11 a 18h. e no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela (R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela) o sábado 10 de xuño nos seguintes horarios: de 11 a 14h e de 16 a 20h.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
PREMIOS
Individuais:
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como feminina (agás na categoría Peques, que recibirán todos un agasallo). No caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización resérvase o dereito de unila a outra.
Haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que corresponderán á mellor marca de tempo.
Grupos:
Premios por Club: Premio ós tres primeiros clubs absolutos. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición individual.