Santiago de Compostela, venres 17 maio 2019

VI CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
15 KM 206 inscritos 10:00 15 km 08/05/2019 8,00 plazas
14/05/2019 10,00
Inscrición finalizada Total: 206 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5 KM 139 inscritos 10:05 5 km 08/05/2019 5,00 plazas
14/05/2019 7,00
Inscrición finalizada Total: 139 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRAS DE MENORES 266 inscritos - - 14/05/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 266 inscritos
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral  de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais.
Esta proba que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
 
PROBA ABSOLUTA DE 15 KM: Esta proba absoluta (das categorías júnior/promesa, sénior e veteranos) sairá ás 10.00 horas dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 km ao longo  da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura. Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para o comezo da carreira. O peche de control da proba realizarase ás 11.40 horas e, unha vez pasada esta hora, o participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 KM: OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS 

PROBA ABSOLUTA DE 5 KM: Esta proba absoluta (categorías de sub 18 a máster) sairá ás 10.05 horas dende a Cidade da Cultura (zona de meta da proba de 15 km), e consistirá en 2 voltas a un percorrido de 2,5 km polas proximidades da Cidade da Cultura de Santiago e polo Bosque de Galicia. Os participantes deberán situarse na liña de saída 10 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira.

PROBAS DE MENORES: As probas das categorías “escolares” (de sub 6 a sub 18) realizaranse a partir das 12:00 horas por un circuíto na Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos de tempo: 

12:05 h – Sub 14 – Sub 16 H/M  2,5 km aprox.
12:25 h – Sub 10 – Sub 12 H/M  1,5 km aprox.
11:45 h –  Sub 8                  H/M  500 m aprox.
11:55 h –  Sub 6                  H/M  300 m aprox.

INSCRICIÓNS: Estarán abertas ata o martes 14 de maio ás 23.59 horas. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido. 
ENTREGA DE DORSAIS: Realizarase en Área Central, na Esquina Vermella (entrada dos taxis, 100 m á man esquerda), pola rúa de Varsovia, nos seguintes días e horarios: 
  • Mércores, 15 de maio, de 17:00  a 21:00 horas
  • Xoves, 16 de maio, de 11:00 a  14:00  e de 17:00 a 21:00 horas 
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na  Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas, para a proba absoluta de 15 km e ata 30’ minutos antes da proba de 5 km.

PREMIOS E AGASALLOS: Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago. Todos os rapaces recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.

Recibirán premio:
  • Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta 15 km recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
  • Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta 5 km recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
  • Os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento para cada proba (de sub 6 a máster) recibirán un lote de libros.
  • O centro escolar e o club federado que máis alumnos/atletas rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.