Monterroso, venres 31 decembro 2021

V SAN SILVESTRE CONCELLO DE MONTERROSO 2021

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 145 inscritos 17:00 4,5 km 26/12/2021 5,00 300 plazas
SUB 16-18 9 inscritos 16:45 1 km 26/12/2021 0,00 plazas
SUB 14 20 inscritos 16:45 1 km 26/12/2021 0,00 plazas
SUB 12 25 inscritos 16:35 1 km 26/12/2021 0,00 plazas
PROMOCIÓN 42 inscritos 16:25 0,4 km 26/12/2021 0,00 plazas
PITUFOS 40 inscritos 16:15 0,15 km 26/12/2021 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 281 inscritos

O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso organizan a V San Silvestre de Monterroso. A proba terá lugar o vindeiro venres 31 de decembro, con saída e meta na Praza Conselleiro Fernando Salgado (lado este da cúpula) e discorrerá pola contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A saída de cada proba será na Praza Conselleiro Fernando Salgado.

Inscricións: ata o 26 de decembro ás 23:59 horas.
Retirada de Dorsais: Os dorsais poderanse retirar o día 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela de 09:30 a 13:30. O día da proba poderán recollerse tamén na zona habilitada pola organización (na cúpula) ata 45’ antes da saída de cada proba. 
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
Calquera dunha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal
Os menores das Categorías sub 14, sub 12, promoción e pitufoss deberán entregar a Declaración Responsable

Premios:
  • Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
  • Premio aos primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
  • Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Na categoría de PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16-18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos primeiros clasificados tanto masculino como feminino.
  • Trofeo ao primeiro/a clasificado/a locais da carreira absoluta.
  • Trofeo ao corredor/a ca vestimenta máis orixinal.
  • entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 17.40h.