Carballo, sábado 30 decembro 2017

V PEDESTRE DO ANLLÓNS –TROFEO DE NADAL.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 386 inscritos 16:30 8,01 km 26/12/2017 0,00 500 plazas
SUB 14 E SUB 16 32 inscritos 17:30 2 km 26/12/2017 0,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 60 inscritos 17:50 0,44 km 26/12/2017 0,00 plazas
PITUFO 58 inscritos 18:00 0,13 km 26/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 536 inscritos

O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto coa FGA e a empresa Viraxes sl a 5ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal.

COLABORAN: Deputación da Coruña, Concello de Carballo, Policia Local Carballo, Protección Civil Carballo, Decathlon Marineda, Lotería Alexandra, EFA Fonteboa, Metal Cebey, Joyería Bema by Bary, Km Vertical, Chocolates Mariño, Atmósfera Sport, Zocas, Deportes San Remo…
LUGAR DE SAÍDA: Pavillón Vila de Noia.
INSCRICIÓNS: A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 26 de decembro ás 23:59.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: O xoves,  28 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips  na tenda de Decathon Marineda en horario de apertura, o venres 29 de decembro poderanse retirar na tenda km vertical en horario de apertura  e tamén  o mesmo día da pedestre, atá media hora antes do comezo de cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS PREMIOS,
PREMIOS, SORTEO E CAMISETA CONMEMORATIVA
  • Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira absoluta.
  • Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
  • Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
  • A entrega de premios será ás 18:30 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
  • Darase camiseta conmemorativa da proba aos 200 primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta.  
  • Debido o carácter festivo da proba  realizarase tamén un sorteo de productos  de deporte.