A Federación Galega de Atletismo e as Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá, a V Milla Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte que terá lugar o sábado 25 de xuño de 2022, a partir das 16:30 horas, na Praza Conde Santo de Lourenzá, sendo a mesma XIII Campionato de Galicia de milla en ruta e de 1000m.
Paralelamente celebraranse varias carreiras populares nas diferentes distancias establecidas no presente regulamento. Os circuítos estarán homologados na distancia de 1 km e milla pola Real Federación Española de Atletismo (agás categoría sub 8).
INSCRICIÓNS Populares: as 23:59 horas do mércores 22 de xuño do 2022.
INSCRICIÓNS CAMPIONATOS DE GALICIA DE MILLA EN RUTA: a través da plataforma RFEA ata as 20:00 horas do martes anterior á competición.
Só poderán acceder á premiación popular os/as atletas que se inscriban na carreira popular.
PREMIOS
- Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as da milla popular masculina, feminina absoluta, máster 1 e 2.
- Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada Campionato de Galicia segundo o establecido na circular do campionato
- A carreira sub-8 non será competitiva, non se farán clasificacións.
SERVIZOS:
- Aparcadoiros: Disporase dunha amplia zona de aparcadoiros no centro da vila.
- Duchas: No Pavillón Municipal de Lourenzá.
- Gardarroupa: Na Biblioteca municipal dende as 15h ata as 21:00 horas.
ENTREGA DE DORSAIS E CÁMARA DE CHAMADAS
- Os dorsais entregaranse no lugar de saída das probas (Prazado Concello) ata 30’ antes do inicio de cada proba.
- Os participantes nos campionatos de Galicia de Milla en ruta terán que acreditarse na Cámara de Chamadas 15’ antes do comezo da súa proba.