A Coruña, domingo 17 abril 2016

V MARATÓN C42 - CAMPIONATO DE GALICIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MARATÓN C42 916 inscritos 08:30 42,2 km 31/03/2016 25,00 plazas
10/04/2016 35,00
12/04/2016 50,00
Inscrición finalizada Total: 916 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CAMPIONATO DE GALICIA 241 inscritos 08:30 42,2 km 12/04/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 241 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10KM 1917 inscritos 08:45 10 km 31/03/2016 5,00 plazas
10/04/2016 10,00
12/04/2016 15,00
Inscrición finalizada Total: 1917 inscritos
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de abril de 2016, o V Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos desta distancia, e pertencerá ao calendario nacional da RFEA. A carreira dará comezo ás 08:30 horas. Paralelamente celebrarase unha proba de 10 Km.
A inscrición gratuíta dos corredores federados que queiran participar no campionato de Galicia, deberán facelo na seguinte ligazón (AQUÍ)

Máis información do  Campionato de Galicia (AQUÍ)

A recollida de dorsais realizarase na planta de deportes de El Corte Inglés en Marineda City, o venres día 15 de abril desde as 17.00 horas ata as 22.00 h e o sábado 16 ininterrompido de 10.00 a 21.30 horas.

Bonificacións para a carreira de C42: Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición online e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un e-mail á seguinte dirección de correo electrónico: info@carreirasgalegas.com
  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
  • Posuidores do carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
  • Parados: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego.
O prazo para a solicitude de bonificacións e envío de documentos por email, finaliza ás 24:00 horas do 10 DE ABRIL do 2016

CORUÑA42 ALOXAMENTOS (Fonte: www.coruna.es) Para todos aqueles corredores, familiares e amigos que participen no próxima Maratón, grazas ao acordo alcanzado con Viaxes O Corte Inglés, podemos ofrecer uns prezos especiais de aloxamento para os días da Maratón Coruña42, tanto para os participantes como para os acompañantes, onde podemos atopar distintas ofertas para aloxamento. OFERTA