Lourenzá, domingo 23 xaneiro 2022

V CROS COMARCAL "A MARIÑA LUCENSE" CTO. PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 5K 93 inscritos 11:30 5 km 20/01/2022 0,00 100 plazas
Inscrición finalizada Total: 93 inscritos
O Club Atletismo Lourenzá, organiza o V Cros Comarcal “A Mariña Lucense” – Campionato Provincial de Campo a través, o próximo día 23 de xaneiro de 2022 na localidade de Lourenzá (Lugo), concretamente nas inmediacións do campo de fútbol da devandita localidade.
Na proba popular (V Cros Comarcal “A Mariña Lucense ”), poderán participar todos aqueles atletas federados e non federados, en base ás categorías estipuladas no artigo 3 do presente regulamento.
Na proba federada (Campionato Provincial de Campo a través), poderán participar todos aqueles atletas con ficha pola  F. G.A. durante a tempada 2022.

  • Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras: A carreira terá lugar ás 11:30 horas e terá unha distancia aproximada de 5000 m, (4 voltas ao circuíto). 
  • O prazo para inscribirse termina o 20 de xaneiro do 2022 ás 22:00 horas, ou ata cubrir o límite de participantes (100). Non se admitirán inscricións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira.

Desde a organización da  carreira lémbrase a necesidade de cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.