Santiago de Compostela, sábado 03 setembro 2016

V CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CIRCUITO ADULTOS 361 inscritos - - 01/09/2016 16,00 plazas
CIRCUITO ESC 2 71 inscritos - - 01/09/2016 0,00 plazas
CIRCUITO ESC 1 84 inscritos - - 01/09/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 516 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA NOCTURNA ADULTOS 327 inscritos 22:30 5,5 km 01/09/2016 5,00 plazas
CARREIRA NOCTURNA ESC 2 15 inscritos 22:00 2,5 km 01/09/2016 0,00 plazas
CARREIRA NOCTURNA ESC 1 22 inscritos 21:45 1,2 km 01/09/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 364 inscritos
Non esquezas traer o teu dorsal do circuíto para a carreira

HORARIO Carreira Nocturna Cidade Vella
  • ESCOLARES 1 (benxamín - alevín) 21:45 h
  • ESCOLARES 2 (infantil - cadete)     22:00 h
  • ADULTOS (xuvenil e superiores)   22:30 h
A proba pertence ao IV Circuíto provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña.

É un pracer presentarvos o “V Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns. 

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.
O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.