O V Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa é un programa de 4 carreiras que ten como obxectivo fomenta-la práctica da actividade física saudable e promove-lo pedestrismo nos concellos da Mancomunidade Barbanza Arousa.
O Circuíto contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estará organizado conxuntamente polos seguintes concellos:
- A Pobra do Caramiñal
- Ribeira
- Rianxo
- Boiro
Neste circuíto poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federadas no deporte do atletismo e sexa cal sexa a súa procedencia.