O día 14 de maio de 2023, o Club Trail Running Galea Sport organiza a V Carreira Popular 10K e Andaina “Praia de Miño” no concello de Miño (provincia de A Coruña) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.
CARÁCTER SOLIDARIO DA PROBA – O.N.G. “AIRE”: Ante a grave crise humanitaria que afecta na actualidade a milleiros de refuxiados en Europa chegados de tódolos continentes do mundo, a organización desta proba quere sumarse ás iniciativas que actualmente está a desenvolver a asociación AIRE (Asociación Integral de Rescate en Emerxencias) e pedir, a todo aquel que o desexe, a colaboración completamente voluntaria para esta causa.
PARTICIPANTES: A proba estará aberta a todas as persoas que desexen participar, xa sexan atletas federadas ou non, e o seu carácter será popular.
INSCRICIÓNS: Ata o luns 08 de maio.
RETIRADA DE DORSAIS: Os participantes poderán recoller os dorsais na tenda Dequip Miño nos seguintes días e horarios:
TENDA Dequip Miño c/ Galea, 10, baixo (Miño)
- 12 de maio (Venres): 17:00 – 20:00
- 13 de maio (Sábado): 10:00 – 14:00
Ademais, o día da propia carreira, poderán recollerse os dorsais no posto habilitado na zona de saída / chegada na praia de Miño, a partir das 8:00 h. da mañá.