Culleredo, domingo 05 xuño 2016

V CARREIRA POPULAR RÍA DO BURGO. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
VETERÁN 434 inscritos 11:00 10 km 02/06/2016 5,00 plazas
SENIOR 124 inscritos 11:00 10 km 02/06/2016 5,00 plazas
PROMESA 9 inscritos 11:00 10 km 02/06/2016 5,00 plazas
JUNIOR 6 inscritos 11:00 10 km 02/06/2016 5,00 plazas
XUVENIL 2 inscritos 12:30 1,8 km 02/06/2016 3,00 plazas
CADETE 14 inscritos 12:30 1,8 km 02/06/2016 3,00 plazas
INFANTIL 15 inscritos 12:30 1,8 km 02/06/2016 3,00 plazas
ALEVÍN 25 inscritos 13:10 1 km 02/06/2016 3,00 plazas
BENXAMÍN 43 inscritos 13:10 1 km 02/06/2016 3,00 plazas
PREBENXAMÍN 59 inscritos 13:20 0,25 km 02/06/2016 3,00 plazas
PITUFO 61 inscritos 13:30 0,08 km 02/06/2016 3,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 792 inscritos
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a V Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 5 de xuño, e que chega á súa quinta edición. A proba forma parte do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

  • DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 5 de xuño no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas
  • INSCRICIÓNS:  Permanecerán abertas ata o xoves 2 de xuño ás 20:00 horas na web www.carreirasgalegas.com; os prezo da mesma será de 5 euros, agás nas carreiras de menos dos 10  km. da proba absoluta, en cuxo caso o prezo será de 3 euros, que en todo momento se aboará no momento da inscrición. O número máximo de participantes será de 900
  • DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adhderidos  ao dorsal, e se poderán recoller entre o venres 3 de xuño  de 18.00 horas a 20:30 horas e o sábado 4 de xuño de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do Paseo Marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9.00 e as 10.30 horas. Cronometraranse electrónicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín. 
  • AVITUALLAMENTOS: Será na zona de meta para todas as categorías.
  • PREMIOS: Entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla. 
  • OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN: Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.