Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Sante - Trabada, sábado 06 xullo 2019

V CARREIRA POPULAR DE SANTE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5K 5 inscritos 18:45 5 km 04/07/2019 0,00 plazas
SUB 16 0 inscritos 18:20 2,2 km 04/07/2019 0,00 plazas
SUB 12 E SUB 14 1 inscritos 18:15 1,1 km 04/07/2019 0,00 plazas
SUB 10 0 inscritos 18:10 0,6 km 04/07/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 1 inscritos 18:05 0,15 km 04/07/2019 0,00 plazas
CHUPETES 4 inscritos 18:00 0,05 km 04/07/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 11 inscritos
A V Carreira Popular de  Sante celebrarase o sábado, 6 de xullo de 2019, en  Sante - Trabada (Lugo) a partir das 18:45 horas. 
As Carreiras Infantís comezarán nas proximidades da Igrexa e do Teleclub Social a partir das 18:00 horas.
Organizada pola Asociación Cultural e Deportiva  Sante coa colaboración do  Concello de Trabada.

  • A proba infantil disputarase sobre varios circuítos adaptados ás idades dos participantes que van desde os 50 metros ata os 2200 metros dependendo das distintas categorías que realicen a proba, totalmente pavimentados, polas diversas estradas que rodean o Barrio da Igrexa en  Sante – Trabada. A saída e a meta situaranse xunto ao Teleclub Social. 
  • A proba absoluta disputarase sobre un percorrido de 5000 metros aproximadamente, completando dúas voltas, unha pequena e outra grande ao circuíto debidamente sinalizado con sinais propios da organización e os diversos comisarios de carreira situados en todos as cruces principais do trazado. O perfil do mesmo é practicamente un continuo sobe e baixa non moi significativo pero con algún desnivel bastante pronunciado.
INSCRICIÓNS: ata o xoves 4 de xullo ás 23.59 h
RETIRADA DO DORSAL: A recollida de dorsais levará a cabo na secretaria da proba sita no salón de actos do Teleclub de  Sante. O horario será desde as 16:30 ata instantes antes do inicio da proba para completar.
PREMIOS
Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e  femininos da carreira absoluta.
Trofeo aos tres primeiros de cada categoría, masculina e feminina.
Nas categorías de menores todos os atletas que conclúan a proba obterán unha medalla obsequio conmemorativa da participación na carreira.