Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Ribadavia, sábado 22 decembro 2018

V CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
SUB 23 - SEN - MÁSTER 13 inscritos 16:30 9 km 19/12/2018 5,00 plazas
5,00
SUB 18 - SUB 20 0 inscritos 16:30 9 km 19/12/2018 0,00 plazas
SUB 14 - SUB 16 4 inscritos 16:15 2 km 19/12/2018 0,00 plazas
SUB 10 - SUB 12 7 inscritos 16:05 1 km 19/12/2018 0,00 plazas
PITUFOS 4 inscritos 16:00 0,1 km 19/12/2018 0,00 plazas
Inscribirme Total: 28 inscritos
O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a V Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o sábado 22 de decembro de 2018 no Concello de Ribadavia. 
Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación en Ourense. 

Participantes: Poderán participar atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta.  
Inscricións: Ata as 20:00 horas do mércores 19 de decembro de 2018. 
Retirada de dorsais e chips: Realizarase na secretaría de competición sita no baixo da Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior) dende as 15:00 h. do día da competición e ata 10 min. antes de cada proba. 
Lugar de saída e percorrido: A saída estará situada na Praza Maior de Ribadavia e a carreira discorrerá polas seguintes rúas: Rúa do Progreso - Rúa do Ribeiro - Rúa Veronza - Rúa do Xestal - Área Recreativa da Veronza (carril bici) - Rúa Veronza - Paseo do Avia - Paseo do Miño - Rúa da Aldea - Rúa das Laxas - Rúa Ramal - Estrada Francelos - Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza Magdalena - Rúa Santiago - Rúa Salgado Moscoso - Rúa Progreso -  Praza Maior. (9.000 m. aprox.) 
Premios 
  • Todos/as os/as participantes da categoría Pitufos recibirán unha medalla ó rematar a súa participación na proba. 
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías (agás Absoluta) recibirán unha medalla. 
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as censados/as no concello de Ribadavia recibirán unha medalla. 
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as da categoría Absoluta recibirán un trofeo.