Curtis, sábado 05 maio 2018

V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 166 inscritos 18:00 5 km 03/05/2018 5,00 plazas
SUB 14 E SUB 16 17 inscritos 17:30 2,5 km 03/05/2018 0,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 43 inscritos 17:20 1 km 03/05/2018 0,00 plazas
SUB 8 17 inscritos 17:10 0,5 km 03/05/2018 0,00 plazas
SUB 5 14 inscritos 17:00 0,3 km 03/05/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 257 inscritos
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes organiza o sábado 5 de maio de 2018 a partir das 17h horas, a V Edición da Carreira Popular Curtis-5K na localidade de Curtis. A proba pertence ao VI Circuito Provinicial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

  • A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
  • As probas levaranse a cabo na localidade de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) .
  • Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega e Atletismo. 
SAÍDA: Estará ubicada na rúa Mestre Eduardo Fariña (diante do polideportivo de Curtis).  
INSCRICIÓNS: Con data límite o mércores 2 de maio ás 23:59 horas.  
RETIRADA DE DORSAIS: Realizarase o día da proba no polideportivo de Curtis, a carón da saída das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
SERVIZOS: Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal de Curtis. 
PREMIOS e AGASALLOS:
  • Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da Proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín  que se darán medallas a todolos/as participantes. 
  • Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
  • Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
  • Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes. 

REGULAMENTO DO CIRCUÍTO