Silleda, venres 07 xuño 2019

V CARREIRA POPULAR “ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA”

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 162 inscritos 20:45 7 km 06/06/2019 5,00 plazas
SUB 14, SUB 16 E SUB 18 18 inscritos 20:25 2,3 km 06/06/2019 0,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 26 inscritos 20:10 1,2 km 06/06/2019 0,00 plazas
PITUFOS 25 inscritos 20:00 0,3 km 06/06/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 231 inscritos
A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a V Carreira Popular  Abanca  Semana Verde de Galicia que se celebrará o  venres 7 de xuño de 2019.

Poderán participar  atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO: O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra.
INSCRICIÓNS:  O prazo de inscrición rematará o día 6 de xuño as 14:00 horas (prazo ampliado) non admitíndose baixo ningún concepto, inscricións fora do prazo establecido no presente regulamento.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais e chips realizarase o día 7 de xuño de xeito e previo e con data límite media hora antes do inicio de PREMIOS E AGASALLOS
  • Todos/as os/as participantes na categoría Pitufos recibirán un diploma.
  • Premios para os/as tres primeiros/as clasificados/as do resto de categorías establecidas no presente reglamento.
  • Os tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta recibirán un trofeo.
  • Trofeo para o atleta máis veterano.
  • Trofeo para os 3 primeiros/as atletas masculinos e femeninos locais mellor clasificado. Deberá estar empadroado en Silleda.
  • Medalla para todos/as os/as participantes.
  • Na proba absoluta coa retirada do dorsal entregarase unha camiseta e outros agasallos.
  • Ademais establécense os seguintes premios en metálico na categoría absoluta:
1º Masculino e 1ª Feminina: 150 euros
2º Masculino e 2ª Feminina: 100 euros
3º Masculino e 3ª Feminina: 50 euros

  • Para os Clubs masculinos e femeninos haberá por clasificación os seguintes premios en metálico:
1º Club Masculino e 1º Club Feminino: 200 euros
2º Club Masculino e 2º Club Feminino: 100 euros
3º Club Masculino e 2º Club Feminino: 75 euros
Para os Clubs Federados masculinos e femeninos haberá por clasificación os seguintes premios en metálico:
  
* Na clasificación de clubes só poderán participar clubes federados. 

SERVIZOS: Na zoa de saída e meta atoparanse os servizos médicos, ambulancia,  avituallamento, duchas e aparcamento gratuíto.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.