Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Santiago de Compostela, sábado 03 xuño 2023

V CARREIRA HOLI GAIAS 2023

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5K 495 inscritos 12:00 5 km 31/05/2023 5,00 900 plazas
Inscribirme Total: 495 inscritos
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 3 de xuño de 2023, a cuarta edición da Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica que empregará polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma. 
Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo). 

  • A saída e meta da proba será na Cidade da Cultura (Praza Central).
  • A hora de inicio da carreira será ás 12 h.
  • A idade mínima para poder formar parte da proba será a das persoas nadas antes do 31 de decembro de 2013.
INSCRICIÓN: ata o mércores 31 de maio ás 23:59 h. 
DORSAIS DE PARTICIPACIÓN: A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar:
  • LUGAR: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio do Museo, Sala Rega 1.
  • Horarios e datas:  Venres 2 de xuño de 16:30 h a 20:30 h.
            Sábado 3 de xuño de 9:30 h a 11:00 h.

RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 2 PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS DE ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA