ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) e ACAPAVAL (Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan a Vª CARREIRA E ANDAINA DAS CIDADES CONTRA O CANCRO DE PANCREAS, que terá lugar no Concello de Vilamartín o vindeiro 27 de novembro do 2022
Inscricións: para a Carreira e a Andaina ata as 23.59 h do martes 22 de novembro.
Retirada de dorsais: Pavillón Municipal de Vilamartín de Valdeorras
- sábado 26 de novembro de 16:00 h. a 20:00 h.
- domingo 27 de novembro de 08.30 h. a 10.00 h.
O importe da inscrición así como do Dorsal 0 será destinado integramente para o financiamento das becas de investigación contra o Cancro de Páncreas