Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Pobra do Caramiñal, domingo 09 abril 2023

TRAIL SERRA DO BARBANZA 2023 - VIII CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL 2023

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 3 inscritos 10:00 25 km 04/04/2023 15,00 plazas
Inscribirme Total: 3 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL CURTO 10 inscritos 10:00 14 km 04/04/2023 10,00 plazas
Inscribirme Total: 10 inscritos
O Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo organizarán no domingo 9 de abril de 2023 o Trail Serra do Barbanza, X Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal, que será, pola súa vez, o VIII CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS SUB-20, SUB-23 E MÁSTER DE TRAIL DE 2023.  
A proba entra dentro da especialidade atlética do trail running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

PECHE DE INSCRICIÓNS: martes, 4 de abril ás 23.59 h. o prazo para a inscrición no campionato de Galicia finaliza o luns 3 de abril ás 20:00h.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais tanto para o Trail Popular coma para o Campionato de Galicia poderanse recoller a partir das 08.45 horas no lugar de SAÍDA das probas. 
PREMIOS e AGASALLOS 
Estabeleceranse ademais os seguintes premios e agasallos para os TRAIL POPULAR, Trail Curto e Trail Longo: 
  • premios ós/ás 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría estabelecida neste regulamento
  • premios ós/ás 3 primeiros clubs da clasificación do Trail Curto e Trail
  • AGASALLO TÉCNICO para tódolos/as participantes (Poderano recoller xunto co dorsal de competición antes da saída das probas.)