Santiago de Compostela, domingo 28 xuño 2015

TRAIL E ANDAINA 25º ANIVERSARIO PROXECTO HOME GALICIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA (DENDE 18 ANOS) 67 inscritos 10:00 18 km 25/06/2015 6,00 plazas
ANDAINA (DENDE O 2003) 69 inscritos 10:15 5 km 25/06/2015 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 136 inscritos
Proxecto Home Galicia organiza o “Trail e Andaina 25º Aniversario Proxecto Galicia” coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e a tenda de deportes 3&Run baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Data e Lugar: O “Trail e Andaina 25º Aniversario Proxecto Home Galicia celebrarase o domingo 28 de xuño de 2015 en Santiago de Compostela. A saída do Trail darase ás 10:00 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso e disputarase sobre un circuito de aproximadamente 18 km de percorrido. 
A Andaina sairá a continuación do Trail (10:15 horas) e realizarase sobre un percorrido de 5 km. Será apta para todos os públicos dentro dos rangos de idade indicados no presente regulamento.

Percorridos: As probas transcorrerán por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Monte Pedroso en Santiago de Compostela e Ames. A andaina terá un percorrido máis sinxelo e adaptado a todos os públicos. 
O Trail trátase dun percorrido aproximado de 18 km, cun desnivel positivo acumulado duns 500 metros. A Andaina o fará sobre un circuito sinxelo de 5 km.

Inscrición:  Ampliación do plazo ata 25 de xuño ás 23:59.

Avituallamento: Ao final das probas todos os participantes serán convidados a un pequeno aperitivo cortesía de Proxecto Home Galicia. Disporase de 2 puntos de avituallamento máis o de meta. O avituallamento de meta será líquido e sólido (auga e froita) e os outros serán só líquidos.

Recollida dos dorsais: Os dorsais recolleranse, o mesmo día das probas, a partir das 09:00 horas e ata as 10:00 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10:00 horas). 
Servizos: Haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1,5 kms. da saída e meta da carreira.

Premios:
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida do Trail (premios NON acumulativos).
  • Trofeo participación a entidade, clube ou empresa que máis participantes traiga a Andaina.
  • Trofeo familia numerosa, a familia que máis participantes aporte na andaina.