Santiago de Compostela, domingo 15 marzo 2015

TRAIL DE COMPOSTELA. 15º ANIVERSARIO DO NOITEBRA F.C.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL POPULAR 186 inscritos 10:30 17,5 km 12/03/2015 9,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 186 inscritos
O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o “Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C.” coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Data e Lugar: O “Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C.” celebrarase o domingo 15 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela. A saída darase ás 10:30 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. A proba transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames. Trátase dun percorrido aproximado de 17,5 km, cun desnivel acumulado duns 650 metros (aínda que o percorrido poderá sufrir variacións para mellorar a seguridade dos participantes).

Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, maiores de 18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, sempre que se ateñan ao indicado neste regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados. De forma simultánea terá lugar o Campionato de Galicia, xunior, promesa, absoluto e de veteranos de Trail (Federación Galega de Atletismo), exclusivo para atletas federados/as. A información sobre este Campionato poderase consultar na web www.atletismogalego.org .

Categorías do trail popular: (anos cumpridos ata o día da proba)
  • Categoría masculina absoluta, maiores de 18 anos.
  • Categoría feminina absoluta, maiores de 18 anos.
  • Categoría masculina veterano, maiores de 41 anos.
  • Categoría feminina veterana, maiores de 41 anos.
Inscrición: Abrirase o 16 de febreiro e ata o 12 de marzo ás 22:00 horas. Dita inscrición realizarase na web www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán e aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios. 

As inscricións para o Campionato Galego, xunior, promesa, absoluto e veterano  de Trail terán que ser realizadas a través dos respectivos clubs federados dende a plataforma de inscrición online da RFEA ata as 20:00 horas do martes 10 de marzo do 2015. 


As clasificacións serán independentes (Trail “popular” e Campionato).

Prezo: A cota de inscrición será de 9 €. Os/as atletas federados/as inscritos/as no Campionato de Galicia que queiran optar aos premios do Trail “popular” polo que se rexe este regulamento, recibir agasallos e participar nos “pinchos” ofrecidos pola Organización ao final da carreira, deberán facer tamén a súa inscrición no Trail a través de www.carreirasgalegas.com.

BOLSA DE CORREDOR PARA OS PRIMEIROS 150 INSCRITOS NO TRAIL DE COMPOSTELA

Recollida dos dorsais: Os dorsais recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 10:00 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10:00 horas). 
Duchas: Haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1 km. da saída e meta da carreira.
Premios:
  • Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina absoluta 
  • Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta 
  • Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina veterano 
  • Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana