Ourense - CD Aurum, sábado 31 decembro 2016

SAN SILVESTRE OURENSÁ

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 700 inscritos 17:00 7,05 km 27/12/2016 5,00 plazas
INFANTIL E CADETE 45 inscritos 16:45 2,35 km 27/12/2016 0,00 plazas
BENXAMÍN E ALEVÍN 83 inscritos 16:35 1,4 km 27/12/2016 0,00 plazas
PITUFOS 130 inscritos 16:30 0,08 km 27/12/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 958 inscritos

O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a San Silvestre Ourensá que se celebrará o 31 de decembro de 2016 no entorno do Parque Barbaña de Ourense.

Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. 
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.

Realizarase unha clasificación conxunta.

  • A saída estará situada no parque Barbaña e a carreira discorrerá polos paseos e sendas existentes ao carón do río Barbaña.
  • As inscricións estarán abertas do 1 de decembro ata o 27 de decembro de 2016 ás 20:30 h.
  • A recollida de dorsais e chips terá lugar en TURINI, rúa Cardenal Quevedo, 19 – 32004 Ourense, o día 30 de decembro de 2016 de 16:30 h. a 20:30 h. Co dorsal todos os participantes recibirán unha bolsa de cotillón. NON se entregarán dorsais o día da carreira.
Premios:
  • Todos os participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
  • Os tres primeiros clasificados das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, homes e mulleres, recibirán una medalla.
  • Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.