Santiago de Compostela, martes 31 decembro 2019

SAN SILVESTRE COMPOSTELANA' 19

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 1853 inscritos 18:00 5,4 km 27/12/2019 5,00 plazas
ESCOLARES 406 inscritos 18:00 5,4 km 27/12/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 2259 inscritos
XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a VII Edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2019 a partir das 18:00 horas da tarde.
Esta proba continúa co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VIII Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 7 de decembro. 

Poderán participar atletas federados e non federados.O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.
INSCRICIÓNS: Ata o venres 27 de decembro ás 23.59 horas. TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUÍTO CORRESAN 2019 ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE. OS ATLETAS ESCOLARES DEBERÁN FORMALIZAR A SÚA INSCRICIÓN NA PROBA, NON ESTARÁN PREVIAMENTE INSCRITOS. 
RECOLLIDA DE DORSAIS: Realizarase no CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS 

  • 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
  • 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
  • 31 de decembro de 11:00 a 17:00 horas
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO