Santiago de Compostela, domingo 31 decembro 2017

SAN SILVESTRE COMPOSTELANA' 17

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 1635 inscritos 18:00 5,5 km 28/12/2017 6,00 plazas
ESCOLARES 353 inscritos 18:00 5,5 km 28/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 1988 inscritos

RECOLLIDA DE DORSÁIS: No CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS 
  • 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
  • 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
  • 31 de decembro de 11:00 a 17:00 horas
DEBERÁN RECOLLER O DORSAL DA PROBA NOS HORARIOS INDICADOS, TODOS OS PARTICIPANTES. TAMÉN OS DO CIRCUÍTO.
NON SE PODE COMPETIR CO DORSAL DO CIRCUITO CORRESAN.

A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a V Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela.

Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VI Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o pasado 2 de decembro.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).


TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUITO CORRESAN 2017 ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE. OS ESCOLARES NON.

A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.

INSCRICIONS: data límite o xoves 28 de decembro ás 23.59 horas.