Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2017, que se celebrará en Ourense o domingo, 30 de abril de 2017.
Ourense Milla Solidaria 2017 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario. O recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Asociación Española Contra el Cáncer”.
- Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría.
- Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares.
- As inscricións estarán abertas o 3 de abril ata o 26 de abril de 2017 ás 20:30 h.
- A recollida de dorsais farase no Centro Municipal José Ángel Valente (Antigo Banco de España) o mesmo día da proba dende as 10:00 h.
Premios
- Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
- Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.