Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Ortigueira - Cariño, sábado 25 maio 2019

ORTEGAL 21K - XXII CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN - CTO. DE ESPAÑA MÁSTER

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 116 inscritos 17:00 21,1 km 22/05/2019 15,00 plazas
SENIOR 21 inscritos 17:00 21,1 km 22/05/2019 15,00 plazas
SUB 23 0 inscritos 17:00 21,1 km 22/05/2019 15,00 plazas
SUB 20 1 inscritos 17:00 21,1 km 22/05/2019 15,00 plazas
Inscrición pechada Total: 138 inscritos
Os Concellos de Cariño e Ortigueira e a Federación Galega de Atletismo organizan, o vindeiro sábado 25 de maio de 2019, o I Medio Maratón Ortegal21k, que será á súa vez Campionato de España de Medio Maratón Máster 2018/2019 e XXIX Campionato de Galicia de Medio Maratón.

A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.

  • A saída da proba terá lugar ás 17.00 horas desde a Alameda, no Concello de Ortigueira. Os corredores que o soliciten serán trasladados en autobuses dende o Concello de Cariño cara á saída en horarios a determinar nunha circular da proba.
  • O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Ortigueira e un traxecto lineal ata o Concello de Cariño. O circuíto estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). 

Inscricións populares:  ata o mércores 22 de maio ás 23.59 horas.
A inscrición para os Campionatos de España e de Galicia realizarase no ligazón RFEA máis información do Campionato (Circular 50-2019)

Retirada de dorsais e gardarroupa: Desde as 10:00h ata 14:00h e desde as 15:00h ata as 16:15h na Casa do Concello de Ortigueira (Praza de Isabel II, s/n) o día da carreira.
Recollida de Gardarroupa: Na zona de meta ao lado do podio en Cariño.

Servizos: A organización poñerá a disposición das persoas participantes dun servizo de transporte entre os dous Concellos, tanto previa á saída como posteriormente á entrega de premios.

Saída de autobuses: ás 15:00h desde Cariño na zona da meta (próxima á parada de taxis) ata a saida en Ortigueira. Despois da entrega de trofeos, aproximadamente as 20:00h saida de autobus de volta desde Cariño ata Ortigueira.