O Club Atletismo Veteranos de Samil en colaboración co Concello de Vigo e o patrocinio de Fe Seguros organiza a “Carreira Praia de Samil Fe Seguros - II Memorial Alfonso Varela”.
As probas celebraranse aproveitando a BAIXAMAR do Martes 17 de Maio de 2022 ás 10:00 hrs. con saída e chegada na Praia de Samil.
A modalidade do evento é libre, podendo participar tanto atletas federados como non federados.