CONSULTA O NÚMERO DEO TEU DORSAL
O LVI TROFEO “JOAQUÍN ROMERO”, é unha proba popular de campo a través, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo. Terá lugar o sábado 5 de novembro de 2022 a partir das 10.30 h da mañá no lugar das Cabazas. A proba está suxeita ás normas da F.G. A e R.F.E.A
As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
INSCRICIÓN: ata as 22:00 horas do día o 3 de novembro.
RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS: Os dorsais retiraranse ata 10 minutos antes de cada proba.