A IX edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN 2022, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento municipal de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.
O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades de sub 10 a máster con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.