A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o domingo 11 de setembro a IX Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS: O prazo límite de inscricións será o mércores 7 de setembro ás 23.59 h, non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba.
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS:
- 10/09/2022 (sábado) Piscina municipal de Muros De 9.00 a 13.00 h
- 11/09/2022 (domingo) Casa do Concello De 8.30 a 10.00 h
LUGAR DE SAÍDA E META: Dende a zona portuaria, nas proximidades da praia do Castelo.
ENTREGA DOS PREMIOS:
Horario: 13.00 h
Lugar: Zona portuaria