O Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA colaboran na organización da IX CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES “Trofeo José Antonio Varela Calviño”, dentro do circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2018/2019 e integrando na mesma aI CARREIRA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS con a finalidade común de:
- Promover a participación da cidadanía nas carreiras pedestres.
- Implementar a través desta carreira as políticas públicas de respecto pola igualdade de xénero en todos os ámbitos e neste caso concreto no ámbito deportivo.
- Manifestar que a Igualdade e a loita contra a violencia de xénero é algo de todas e todos, facendo unha carreira onde poidan participar mulleres, homes, nenas e nenos.
- Contribuír á loita contra o cancro a través de donacións voluntarias que se destinarán a investigación contra esta enfermidade. Toda a información relativa a causa solidaria, publicarase en www.coruna.gal/deportes e www.coruna.gal/carreiras populares.
INSCRICIONS E COTAS: ata as 23:59 horas do luns 18 de marzo de 2019.
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS: O dorsais recolleranse na Cidade Deportiva da Torre, na aula habilitada ao efecto, os días:
- Venres 22 de marzo de17:00 a 21:30 horas
- Sábado 23 de Marzo desde as 10.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras