Tordoia, sábado 15 setembro 2018

IX CARREIRA POPULAR PEDESTRE "TORDOIA IN ESSENCE" 2018

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ABSOLUTA 79 inscritos 19:10 6,85 km 14/09/2018 5,00 plazas
CARREIRAS MENORES 81 inscritos - - 14/09/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 160 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA ADULTOS 34 inscritos 18:15 6,85 km 14/09/2018 5,00 plazas
ANDAINA MENORES 6 inscritos 18:15 6,85 km 14/09/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 40 inscritos

A área de Deportes do Concello de Tordoia co control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizan a Carreira Popular Pedestre “Tordoia in Essence” e a Andaina Popular 2018, o sábado 15 de SETEMBRO (sábado de tarde) a partir das 17:45 horas.
Poderán participar atletas federados e non federados; As probas estarán a cargo da organización e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

A SAÍDA das probas terá lugar no Campo da festa de Cabaleiros (Seixán). Os participantes estarán na saída 5 minutos antes do comezo da súa proba co seu pertinente dorsal identificador.
INSCRICIÓNS: a data límite será o venres 14 de setembro ás 14:00 horas* (Prazo ampliado)
ENTREGA DE DORSAIS: A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realizarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), respetándose a publicidade existente neles.

HORARIO
Pitufo                 Nados en 2013 e posteriores 17:45 h 100 m
Prebenxamín Nados en 2011 - 2012                 17:55 h 300 m
Sub 10 e Sub 12 2009-2010 e 2007-2008         18:05 h 700 m
ANDAINA         Todas as idades                         18:15 h 6850 m
Sub 14 e Sub 16 2005-2006 e 2003-2004         18:20 h 1800 m
Sub 18                 2001 - 2002                                 19:10 h 6850 m
Sub 20                1999 - 2000                                 19:10 h 6850 m
Sub 23                1996 - 1997 - 1998                     19:10 h 6850 m
Senior                1995 ata máster                         19:10 h 6850 m
Máster 1        Nados/as entre 1978 e 1983 19:10 h 6850 m
Máster 2        Nados/as entre 1969 e 1977 19:10 h 6850 m
Máster 3        Nados/as entre 1959 e 1968 19:10 h 6850 m
Máster 4        Nados/as en 1958 e anteriores 19:10 h 6850 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 20:50 HORAS

SERVIZOS: Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Cabaleiros.
PREMIOS E TROFEOS
  • Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo, e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados empadroados no Concello de Tordoia da proba absoluta.
  • Tamén se outorgarán trofeos aos 3 primeiros clasificados da xeral absoluta (premios NON acumulativos).
  • No referente á ANDAINA, non haberá trofeos. Si que levarán, en cambio, como todos os participantes nas carreiras, unha camiseta commemorativa.