O CLUBE ADAS PROINOR coa colaboración do Concello de O Barco de Valdeorras, a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organiza a IXª CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS, que se desenrolará o vindeiro 6 de Novembro do 2016 .
- As INSCRICIONS deberán estar no poder da Organización antes das 23.00 h.do xoves 3 de Novembro.
- A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin no ESTADIO DE CALABAGUEIROS o día 08 de Novembro , de 10 a 11.30 h
- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados dende a categoría absoluta, promesa-senior a veteráns.
- Haberá trofeo os primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas categorías cadete e xuvenil-xunior.
- Nas carreiras de Infantil, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns entregaranse medallas ATA OS 20 PRIMEIROS DE CADA CATEGORIA.
- Obsequiarase cunha bolsa do corredor a carreira absoluta.
- Os trofeos da categoría absoluta, non serán acumulables coas outras categorías.
O Circuíto consta de unha volta de 3.500 m., totalmente chairo, que transcorrerá polas seguintes rúas:
SAIDA ESTADIO DE CALABAGUEIROS- Río Mariñan - Barco de Avila - Paseo do Malecón (control de paso) - Dr. Pérez Lista - Academia Dequidt - Paseo do Malecón - A Coruña- Calabagueiros-e ESTADIO DE CALABAGUEIROS
A META estará situada dentro do Estadio e se corresponderá ca liña de meta da pista de atletismo.