A IX CARREIRA POPULAR “AECC en marcha - Contra o cancro, corre por Ferrol”, está organizada por e a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro de Ferrol (“ aecc”), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Ferrol). Celebrarase o domingo día 13 de marzo do 2022, a partir das 10:30 horas.
A organización da carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19.
Este regulamento poderá modificarse seguindo as indicacións das autoridades e/ou organismos competentes en materia sanitaria e deportiva, quedando a expensas da situación sanitaria vixente na data da celebración da proba.