10K Carballo. Proba oficial da FGA sobre distanza homologada de 10.000 metros, e puntuable para o "VII Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña"
Inscricións: Admítense ate as 23:59 horas do día 12 de xuño de 2019 ou ata acadar as 1000 prazas nas categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Master, ou as 2000 no global do evento.
Recollida de Dorsais: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no primeiro andar do edificio do mercado municipal na rúa Gran Vía (43.213076, -8.688416) nas seguintes datas e horarios:
- O día da carreira dende as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada categoría.
- En recollida anticipada o sábado 15 de xuño de 10:00 h. a 15:00 h.
Premios e Trofeos:
- Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas categorías Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
- As categorías "Sub 20, Sub 23 e Sénior" contemplaranse como única en canto ós trofeos.
- Tamén se premiará ós seguintes participantes:1ºcarballés masculino; 1º carballes feminino; Atleta de maior idade; Récord da proba; 1º Equipo clasificado.
- Premio á entidade con maior participación: Premiarase a entidade legalmente constituida (club, asociación, ximansio, empresa, etc.) co maior número de participantes no evento.
Servizos complementarios:
- Punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta.
- O servizo de duchas ó remate da carreira está na Pabellón Municipal Vila de Noia (6888+WF Carballo).
- Obsequio de camiseta do evento.
- Servizos de fisioterapia, condicionado á súa confirmación previa.
REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA