XA PODES VER O NÚMERO DO TEU DORSAL
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio, A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A proba celebrarase o domingo 15 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 do mércores 11 de maio.
DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o venres 13 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 14 de maio de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.
PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN: Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha bolsa conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.