Cacheiras - Teo, sábado 13 abril 2019

IX CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 13 de abril de 2019 en horario de mañá e de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2019 - Concello de Teo. 

 A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.  

 As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo

INSCRICIÓNS: Ata o martes 9 de abril ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA 

RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA:

  • Probas escolares: a partir das 09.00 horas no lugar de saída (a carón da piscina municipal dos Tilos) e ata 30’ antes da súa proba.
  • Proba absoluta: a partir das 15:30 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización.
  • Andaina: a partir das 15:00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo).
  • Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será automaticamente descualificado. 

SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA: Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.  Horario de saída dos autobuses:  Andaina: 16:15 h Carreira absoluta: a partir das 16:15 h, o último sairá ás 17.05 h Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).